Así é Robert Crimo, o autor do tiroteo de Illinois que acabou coa vida de seis persoas

O mozo, de 22 anos, publicou varios vídeos violentos en Youtube e tivo miles de oíntes en Spotify baixo o nome 'Awake the rapper'

Robert Crimo. TWITTER
photo_camera Robert Crimo. TWITTER

O principal sospeitoso de matar a seis persoas e ferir a outras 25 nun tiroteo masivo este luns na localidade de Highland Park (Illinois) durante un desfile do 4 de xullo foi detido polas autoridades, dixo o xefe de Policía da localidade, Lou Jogmen.

"Imos ter que conectar (ao detido) coa escena do crime, queremos seguir o proceso adecuado", dixo Jogmen ao explicar que o arrestado é Robert Crimo, de 22 anos, cuxo nomee e imaxe revelaron as autoridades como "persoa de interese" no crime pero que non está oficialmente considerado como sospeitoso aínda.

Crimo é un mozo rapero, que no seu día, e baixo o alias Awake the rapper, tivo máis de 16.000 oíntes ao mes en Spotify e cuxo pai se postulou a alcalde de Highland Park, aínda que foi derrotado pola actual rexedora. 

Ademais, foi o titular dun canle de Youtube que contaba con múltiples imaxes perversas e violentas, e que a plataforma tombou por contido inadecuado.

Jogmen explicou aos xornalistas que agora a policía deberá interrogar a Crimo para determinar a súa conexión co tiroteo

"A non ser que ocorra algo significativo esta noite, imos deixar que continúe o proceso", dixo o policía.

Aínda así, Jogmen quixo deixar moi claro que isto non significa que a investigación finalice, xa que aínda están solicitando información sobre o suceso, e pediu a calquera individuo con vídeos ou datos de interese que se poña en contacto coas autoridades.

"Sentimos alentados por ter a unha persoa de interese baixo custodia, pero de novo, imos seguir atendendo a todo o que nos chegue", remarcou o xefe da policía local.

Jogmen explicou que o sospeitoso foi detido "sen incidentes" tras unha breve persecución, na que participaron axentes locais, estatais e federais.
Aínda non se coñece o motivo do suceso.

Este luns, un home identificado polas autoridades como novo de entre 18 e 20 anos abriu fogo desde unha azotea usando un "fusil de alto calibre" sobre a multitude reunida para gozar dun desfile polo Día da Independencia estadounidense, na localidade de Highland Park, próxima a Chicago (Illinois).

Os disparos deixaron polo menos 6 persoas mortas e 25 feridas, segundo detallaron os responsables sanitarios locais en roda de presa.

No que vai de ano houbo 310 tiroteos masivos -aqueles en os que ven afectadas catro ou máis persoas, ademais do tirador- en Estados Unidos.