Aparece morto en Iemen un refén estadounidense ao que ían rescatar

Un soldado vigila el Ministerio de Defensa yemení (Foto: YAHYA ARHAB / EFE)
photo_camera Un soldado vigila el Ministerio de Defensa yemení (Foto: YAHYA ARHAB / EFE)

O refén estadounidense Luke Somers, capturado por Al Qaeda, foi achado este sábado morto polo exército de Estados Unidos nunha operación que pretendía rescatalo, informou a Efe unha fonte da Intelixencia iemení, a pesar de que o Ministerio de Defensa iemení informara previamente da súa liberación.

O cadáver do xornalista presentaba un orificio de bala cando foi achado polo exército estadounidense, antes de que puidese rescatalo nun operativo efectuado por terra e aire de xeito conxunto coas forzas iemenís, engadiu a fonte.

O corpo de Somers atópase actualmente en mans das autoridades estadounidenses, que levaron o cadáver da zona onde se realizou a operación, o que induciu a confusión ao Ministerio de Defensa sobre o paradoiro de Somers, agregou a fonte.

A filial iemení da organización terrorista Al Qaeda ameazou o pasado 4 de decembro nunha gravación de vídeo con matar a Somers, cuxo rescate foi intentado, tamén sen éxito, en novembro polas autoridades estadounidenses, segundo recoñeceu o mesmo día a Casa Branca.

Ao parecer, no operativo tamén foi atopado morto outro refén surafricano, identificado como Pierre Korbi.

Comentarios