Anonymous bloquea a páxina web do Vaticano

O grupo Anonymous, especializado na intervención de páxinas web, anunciou hoxe no seu blogue oficial italiano que ''asediou" o sitio de internet da Santa Sé www.vatican.va, ao que non se puido acceder nas últimas horas.

Fontes oficiais do Vaticano confirmaron que a súa páxina web está a ser atacada por parte de hackers, aínda que en ningún momento sinalaron que fose obra de Anonymous. As fontes precisaron que técnicos do Vaticano están a traballar para intentar renovar o servizo o máis pronto posible. A páxina web leva varias horas sen funcionar.

Anonymous, pola súa banda, sinalou nunha nota no seu blogue italiano que decidiu "colocar baixo asedio" o sitio da Santa Sede "en resposta ás doutrinas, ás liturxias e aos preceptos absurdos e anacrónicos que a vosa organización, a Igrexa Apostólica Romana, con ánimo de lucro propaga e difunde no mundo enteiro".

Segundo ese grupo anónimo que actúa na rede, a Santa Sede é "responsable" da "escravitude de pobos enteiros", usando "como pretexto" o evanxeo e a difusión do cristianismo no mundo.

Tamén acusa á institución de axudar a criminais nazis, de cubrir aos clérigos pederastas, de rexeitar "obxectos froitos do progreso" como os preservativos, de intentar erradicar o aborto. "Sodes retrógrados, un dos últimos baluartes dunha época afortunadamente pasada", proseguiu Anonymous, que precisou que a súa acción non vai contra a relixión cristiá, "senón contra a corrupta Igrexa católica Romana".

Comentarios