Andorra procesa a dous exministros de Hugo Chávez polo presunto espolio de 2.000 millóns

Na causa están imputadas 28 persoas acusadas de branqueo de capitais

Rafael Ramírez. INTERNET
photo_camera Rafael Ramírez. INTERNET

A xuíza andorrana Canòlic Mingorance procesou este xoves a 28 persoas, entre as que figuran os exviceministros de Enerxía de Venezuela, Nervis Villalobos e Javier Alvarado, segundo informacións que fixo públicas El País. 

Este mesmo xornal sinala que a xuíza lles atribúe un delito de branqueo de capitais en establecemento bancario e pertenza a unha rede que cobrou entre 2007 e 2012 subornos de empresas que foron agraciadas despois con millonarias adxudicacións da petroleira. 

Segundo o xuíz, a trama serviuse da infraestrutura diplomática de Venezuela para captar empresarios que, tras o pago de subornos, conseguían os contratos de PDVSA. 

O xuíz tamén procesou a unha decena exdirectivos e exempleados da Banca Privada d'Andorra (BPA). 
 

Comentarios