Aluvión de cancelacións de reservas de Reino Unido a España

Destinia calcula que se anularon o 68% das viaxes previstas para este Nadal
Viajeros en el aeropuerto de Madrid. EP
photo_camera Viaxeiros no aeroporto de Madrid. EP

As restricións impostas para voar de Reino Unido a España durante este Nadal, agás para o caso de cidadáns españois ou residentes, provocaron un gran volume de cancelacións de reservas, segundo a axencia de viaxes online Destinia. Estas novas anulacións, derivadas dun veto que responde á detección dunha nova cepa de coronavirus, uníronse ás que xa se foron producindo nas últimas semanas debido á incerteza, segundo explica a compañía nun comunicado.

Así as cousas, o 68% das reservas que se realizaron para viaxar a España desde Reino Unido para estancias entre o 22 de decembro de 2020 e o 15 de xaneiro 2021 canceláronse, o 37% nos tres últimos días. E "iso xeran un grande impacto de novo no sector", apunta Destinia.

O Executivo español sumouse a outros países que nos tres últimos días restrinxiron os voos con Reino Unido e que está a provocar cancelacións masivas en toda Europa. Dado que a prohibición non afecta a españois ou residentes, non se produciu unha anulación de todos os voos, que manteñen a ruta regular, pero si "disparou" as de ingleses que viaxaban a España nestas datas.

O director xeral de Destinia, Ricardo Fernández, alerta de que estes cambios xeran unha gran problemática para o sector en España, xa que a xestión e operativa dos hoteis "faise inmanexable".

"Non se pode estar abrindo e pechando negocios dun día para outro; un día ábrense fronteiras e recupérase a demanda, e ao día seguinte vólvese a cancelar todo. A incerteza é absoluta", lamenta.

Comentarios