Polo menos 14 soldados falecidos nunha emboscada de prorrusos

Soldados ucranianos disparan a las posiciones de separastistas prorusos cerca de Pervomaysk. (IVAN BOBERSKYY)
photo_camera Soldados ucranianos disparan a las posiciones de separastistas prorusos cerca de Pervomaysk. (IVAN BOBERSKYY)

Polo menos 10 soldados ucraínos morreron hoxe ao caer nunha emboscada dos separatistas prorrusos xunto á cidade de Shajtiorsk, a poucos quilómetros do lugar onde foi derrubado o voo MH17 de Malaysian Airlines con 298 persoas a bordo.

"A cifra está a precisarse. De momento podemos falar de 14 falecidos, segundo datos preliminares. Dez foron identificados, pero outros catro non se sabe se son dos nosos ou dos separatistas", dixo ás axencias locais o portavoz das forzas de Kiev, Alexéi Dmitrashovki.

Outras fontes militares, citadas pola televisión en internet Hromadske.tv, apuntan a que o número de soldados ucraínos mortos na emboscada ascende a 21.

"Hai moitísimos feridos, o seu número é difícil de precisar", asegura a televisión ucraína, que sinala que os soldados que caeron na emboscada pertencen á 25ª Brigada Aerotransportada, con base na cidade de Dnepropetrovsk.

Por outra banda, medio centenar de soldados ucraínos, entre eles membros das forzas aerotransportadas, ingresaron nas últimas 24 horas en tres hospitais de Dnepropetrovsk tras caer onte noutra emboscada dos separatistas na mesma Shajtiorsk.

"Ao hospital chegan feridos na operación antiterrorista. Os combatentes que ingresaron onte foron operados e están moi graves. Teñen feridas na cabeza", dixo a unha axencia local o médico xefe dun hospital de Dnepropetrovsk.

O exercito ucraíno lanzou unha ampla ofensiva contra Shajtiorsk, Torez e Snezhnoe, as tres cidades máis próximas ao lugar onde foi derrubado o avión malasio, co pretexto de recuperar o control desa zona controlada polos prorrusos e garantir así a seguridade aos expertos internacionais que investigan a catástrofe.

Un reducido grupo de expertos holandeses e australianos chegaron onte por primeira vez nunha semana ao epicentro do sinistro a pesar dos combates que seguen na zona.

Comentarios