Polo menos 11 persoas falecen ao estrelarse un avión militar en Tunisia

Polo menos 11 persoas morreron hoxe ao estrelarse un avión militar libio na zona de Grombalia, 60 quilómetros ao noroeste da capital, segundo unha fonte militar libia e medios nacionais tunisianos.

No avión, un Antonov 26, viaxaba a tripulación e un grupo de enfermos que estaban a ser desprazados a Tunisia para recibir asistencia médica.

Segundo unha fonte militar libia, o avión, no que viaxaban a tripulación e tres ou catro enfermos, estrelouse debido a un fallo técnico.

Un dos motores do aparello comezou a arder e a tripulación non puido controlar o lume, explicou a fonte.

Segundo os medios tunisianos, o avión estrelouse esta madrugada nunha zona agrícola de Grombalia, situada na rexión de Nabel.

Polo momento, se non deron detalles sobre os labores de rescate nin sobre a posible existencia de sobreviventes.

Comentarios