Polo menos 10 mortos e 60 feridos nunha explosión no sueste de Filipinas

Aínda se coñecen as causas da deflagración rexistrada na cidade de Davao
Lugar donde hubo una explosión en un mercado nocturno en Dávao
photo_camera Lugar donde hubo una explosión en un mercado nocturno en Dávao

Polo menos 10 persoas resultaron mortas e outras 60 feridas tras unha explosión ocorrida este venres nun mercado na cidade de Davao, no sueste de Filipinas , informaron fontes oficiais.


Segundo dixo á emisora local CNN Filipinas o portavoz da Presidencia de Filipinas , Ernesto Abella, aínda se descoñecen as causas da deflagración, ocorrida sobre as 23.00 hora local (15.00 GMT).

"A explosión resultou na morte de polo menos 10 persoas e feriu a outras 60. (...) Non temos aínda unha causa exacta da explosión. Están a investigar", afirmou Abella.

Ata a zona desprazáronse numerosos policías da unidade de Operativos da Escena do Crime (SOCO, as súas siglas en inglés) para investigar as causas da explosión.

"Estamos a levar a cabo unha investigación exhaustiva para determinar as causas da explosión e establecéronse postos de control en todas os puntos de saída da cidade", asegurou nun comunicado o xefe da Policía da provincia de Davao, Manuel Gaerlan.

Pola súa banda, o director da Policía Nacional de Filipinas , Ronald de la Rosa, declarou a alerta vermella na cidade meridional.

O presidente filipino, Rodrigo Duterte, que estivo á fronte de Davao durante máis de 2 décadas, viaxara ata a cidade para presenciar a inauguración dunha terminal de transporte marítimo.

Davao atópase na illa meridional de Mindanao, unha convulsa zona de Filipinas  onde operan varios grupos rebeldes, entre eles Abu Sayyaf, un grupo radical islámico que se declarou seguidor do Estado Islámico e que protagonizou algúns dos ataques terroristas máis sanguentos do país.

O pasado luns, enfrontamentos entre Abu Sayyaf e o Exército de Filipinas  na cidade sureña de Patikul, na provincia de Sulu, deixaron polo menos 15 soldados e uns 30 rebeldes mortos, segundo cifras oficiais. 

Comentarios