Unha familia todoterreo

A FAMILIA do Renault Scénic crece coa chegada dunha nova versión denominada Xmod. Este modelo distínguese pola súa imaxe máis lúdica e campeira. En certa medida, recolle a testemuña do que no seu momento representou o RX4, aínda que ambos os modelos teñen unha concepción moi diferente.

Mentres que o elemento diferenciador daquel modelo que se fabricou entre 2000 e 2003 era, ademais da súa imaxe, o seu sistema de tracción integral, o novo Xmod é un dúas rodas motrices, pero que non renuncia a certas liberdades, ao incorporar un sofisticado sistema de tracción, denominado Estended Grip, que lle permite mellorar a adherencia en situacións críticas.

Sobre o estilo xa coñecido do Scénic, nesta nova versión engádense lixeiros retoques nos paragolpes dianteiros e traseiros, no portón, engadindo ademais barras de teito, proteccións en todo o seu perímetro e lamias especiais, entre outros detalles. No interior inclúense uns asentos específicos e outros elementos que conseguen un atractivo efecto.

Estended Grip

Un dos aspectos máis interesantes do Xmod é a dispoñibilidade dun sistema electrónico de control de tracción, que a marca denomina Estended Grip. A súa diferenciación con relación a outros sistemas similares é a súa capacidade para mellorar a capacidade de tracción en situacións de firme deslizante. Así, a elección do programa realízase mediante unha roda xiratoria situada na consola central. Por defecto, o sistema funciona en posición estrada, pero, en función do terreo que se estea pisando, pódese elixir entre modos como terreo brando, barro ou neve.

Nestas circunstancias, o Estended Grip non só actúa freando as rodas que perden tracción senón que tamén modifica o par motor, adecuando a forza que chega a cada roda.

Para mellorar máis a eficacia do sistema, as versións do Scénic Xmod que levan lamias de 16 polgadas incorporan uns exclusivos pneumáticos Continental M&S, cuxo debuxo está especialmente deseñado para repeler o barro ou o xeo. En calquera caso, se se elixe a versión con lamias de 17 polgadas, o sistema Estended Grip non estará dispoñible.

Cinco prazas

O Scénic Xmod só se ofrece coa carrocería curta de cinco prazas. Mantén todas as características de funcionalidade propias do Scénic, destacando o amplo maleteiro de 555 litros de capacidade e todo o espazo e versatilidade dun interior pensando para satisfacer as necesidades dun gran número de familias.

Aínda que na primeira toma de contacto realizada con este modelo, só foi posible conducilo por asfalto, a realidade é que nestas condicións non hai diferenzas apreciables en canto a comportamento con relación a un Scénic convencional. Isto a pesar de que o Xmod ten un centro de gravidade sensiblemente máis alto, ao estar a súa carrocería sobreelevada nun centímetro con relación aos seus outros irmáns de gama.

Motorizacións

A nivel mecánico, esta nova versión do Scénic está á venda con dúas variantes de gasolina e dúas diésel. A opción máis básica correspóndese coa que equipa o motor 1.2 TCe de 115 cabalos de potencia, mentres que un chanzo por encima sitúase a variante de 130 cabalos, tamén desenvolvida a partir do mesmo bloque motor. Ambos os motores destacan polos seus contidos, consumos e un rendemento óptimo na estrada.

Pola súa banda, as dúas mecánicas diésel son xa coñecidas, ao estar presentes noutros moitos modelos da marca francesa. A máis básica é a 1.5 dCi, que desenvolve unha potencia máxima de 110 cabalos. Un chanzo por encima sitúase o moderno propulsor da familia Energy 1.6, de 130 cabalos de potencia.

EN DETALLE 

BMW Serie 3 GT - Versión BMW Serie 3 GT - Volante

Un monovolume entre dous mundos

O Renault Scénic Xmod mantén as virtudes de funcionalidade, habitabilidade e versatilidade propias do monovolume do que deriva, pero aumenta as súas calidades dinámicas en situacións de baixa adherencia, grazas ao seu exclusivo sistema de tracción.

Detalles diferenciadores

Do mesmo xeito que sucede co exterior, o deseño do habitáculo tamén posúe certos detalles estéticos que lle confiren unha imaxe máis todo camiño.


BMW Serie 3 GT - Maleta BMW Serie 3 GT - Alerón

Sistema de tracción intelixente

Esta roda situada na consola central, permite elixir o modo de funcionamento do Estendede Grip, segundo as condicións de adherencia.

Cinco cómodas prazas

De momento, o Xmod só está dispoñible en versión de cinco prazas, que mantén o seu amplo maleteiro de 555 litros de capacidade.

A GAMA
Gasolina
1.2TCe 115CV
1.2TCe 130 CV
Diésel
1.5 dCi  110 CV
1.6 dCi 130 CV
 Acabados Expresión e Bose Edition 
Transmisión
Tracción  Dianteira
Cambio Manual ou automático de 6 velocidades
   
PREZO
Desde 21.150 euros

 

Comentarios