Gama Nissan 2010

Nissan acaba de aplicar unha posta ao día, tanto na parte mecánica como no apartado de equipamento e confort que permiten aos modelos Navara e Pathfinder manterse como unha das máis atractivas propostas dos seus respectivos segmentos.

O Navara, o pick-up máis vendido en Europa, recibiu unha actualización cun elevado número de melloras. Entre os cambios, destacan a chegada dun novo motor diésel V6 de 3 litros, melloras no coñecido motor 2.5 litros diésel dCi —que agora ofrece máis prestacións e unha redución do consumo e as emisións— e melloras nos niveis de equipamento de seguridade activa e pasiva que inclúen a dispoñibilidade, entre outros elementos, do Control Electrónico de Estabilidade (ESP) e novos equipamentos como a posibilidade dun sistema de navegación con pantalla táctil e cámara de visión traseira.

Pathfinder 2010
Ao
igual que no Navara, o SUV de Nissan recibe cambios de deseño, novos motores e un equipamento máis completo. Os principais cambios inclúen un novo deseño nas partes frontal e traseira, significativos cambios no coñecido motor 2.5 dCi e a chegada dun novo propulsor V6 de 3 litros diésel para a versión tope de gama.

A calidade interior mellorouse e ampliouse o equipamento do modelo coa inclusión de elementos como faros de xenon, limitador de velocidade e aire acondicionado con difusores para as prazas traseiras.

Novidades mecánicas
A incorporación do novo motor diésel V6 de tres litros de cilindrada é unha das novidades máis significativas da nova gama Navara e Pathfinder. Tamén se mellorou o propulsor 2.5 dCi, que aumenta a súa potencia, á vez que reduce o consumo de combustible e o nivel de emisións.

Comentarios