Opel Movano

ep movano.jpg
photo_camera ep movano.jpg

Opel inicia este mes a comercialización do novo Movano. A segunda xeración deste vehículo comercial é tamén o resultado da colaboración que a filial europea de GM ten con Renault desde 1996. De feito, este novo modelo de Opel é o mesmo vehículo que o novo Renault Master. Ambos se fabrican na factoría de Batilly.

O novo Movano está á venda nunha completa gama de versións, o que supón un total de 350 variantes, polo que se adapta ás distintas necesidades profesionais de cada sector.

Entre as innovacións que presenta este novo modelo con relación á anterior xeración destaca a tracción traseira e unha carrocería máis longa, de 6,8 metros, que ofrece unha zona de carga de máis de catro metros.

O Movano conta con versións furgón, combi e chasis con cabina dobre ou simple, para facilitar  diferentes carrozados, tres alturas, catro lonxitudes e un novo motor diésel common rail de catro cilindros e 2,3 litros con tres niveis de potencia 100, 125 e 146 cabalos a 3.500 rpm. O par máximo oscila entre os 285 Nm entre 1.250 e 2.000 rpm do motor menos potente ata 350 Nm entre 1.500 e 2.750 rpm para o de 146 cabalos.

Outro apartado destacado é a redución dos custos de mantemento entre un  34% e un 24% os de mantendo co menor gasto das pezas de desgaste, a ampliación do cambio de aceite aos 40.000 km ou dous anos e do líquido de refrixeración a 160.000 km.

Opel confía no novo comercial Movano para cumprir o obxectivo de incremento de vendas en 2010 coa previsión de duplicar en 2013 o volume de vendas da anterior xeración.

Comentarios