Opel inicia a comercialización dunha gama de vehículos con funcionamento en base a GLP

Opel lanza ao mercado unha ampla gama de vehículos con funcionamento con base GLP (Gases Licuados do Petróleo). A oferta de produtos que ofrece céntrase, principalmente, nos seus modelos de maior volume e importancia: Corsa de 3 e 5 portas, Meriva, Astra 5 portas e Sports Tourer, Zafira Tourer e Insignia Sedán e Sports Tourer.
 
Dado o gran interese existente por este tipo de vehículos, Opel realizou un esforzo por situar adecuadamente en prezo a oferta de todas as súas versións de GLP, pensada principalmente para profesionais e empresas, conseguindo ofrecer todas as súas versións GLP ao mesmo prezo que as motorizacións diésel máis vendidas de cada modelo.
 
O GLP ofrece vantaxes económicas, de autonomía e medio ambientais, xa que o prezo do GLP permite a amortización a curto prazo da diferenza de custo do equipo GLP no vehículo. O Autogas é un 50% máis barato que a gasolina, o que supón un aforro de entre 1,5 e 2 euros por cada 100 quilómetros percorridos.
 
 

 

Comentarios