A marca alemá Opel, líder do mercado a particulares en xaneiro

Gama Astra
photo_camera Gama Astra

No pasado mes de xaneiro, Opel logrou colocar a tres dos seus modelos de maior volume entres os máis vendidos do seu segmento, no mercado a particulares. Por modelos, o Astra liderou o segmento compacto, cunha cota do 11%, a Corsa foi segundo do seu segmento cun 10,6%, e a Insignia terceiro do seu segmento cun 10,8%. Séguelle Zafira cunha participación do 10,7% e Meriva, que alcanzou unha cota do 12,2%. Grazas aos seus últimos lanzamentos, a marca aspira a continuar incrementando a súa cifra de vendas en España.

CHRYSLER ♦ O grupo obtivo 1.255 millóns de beneficios en 2012

A empresa automobilística estadounidense, formada polas marcas Chrysler, Dodge, Jeep e Ram, aumentou os seus ingresos un 20% con respecto ao mesmo período de 2011 ao conseguir 48.596 millóns de euros, o que supuxo un beneficio de 1.255 millóns.

Comentarios