O galego de kárting avanza

Joel Sanmartín
photo_camera Joel Sanmartín

O circuíto pontevedrés da Magdalena acolleu a terceira proba do campionato galego de kárting. A principal novidade da proba residía no feito de que as carreiras se disputarían en sentido inverso ao habitual do circuíto, polo que pouco valían anteriores referencias sobre este trazado.

Tamén chamou a atención a presenza dun bo número de caras novas, que se incorporaban ás diferentes categorías, así como a participación doutros moitos pilotos procedentes de comunidades como Cantabria ou o País Vasco.

Alevín
Na categoría reservada para os máis pequenos, Benito Puceiro foi de novo o gañador, aínda que nesta ocasión chegou á meta seguido moi de cerca por Alejandro Valdor, que finalizou a só 0,2 segundos. Diego Varela, logo dunha carreira máis meritoria alzouse ata o terceiro banzo do podio.

Na segunda carreira da xornada, Joel Sanmartin, campión da categoría Cadete o ano pasado, volvía ao certame con inigualable éxito, pois cruzaba a meta en primeiro lugar, logrando o triunfo por diante de Yago Cruz e Diego Ruiloba.

Tremendamente apertada foi a final de X30 , na que Roberto Blach Jr logrou a súa segunda vitoria da tempada (xa gañara en Outeiro de Rei). Miguel Araujo perseguiulle incansablemente e finalizou a só dúas décimas de segundo, sendo Hugo Iglesias terceiro a menos dun segundo e medio do líder, o que dá unha boa mostra da competitividade reinante.

En KZ2 os máis rápidos volveron ser Francisco Dorado e Óscar Alfonso, que mantiveron a súa habitual loita polos primeiros postos. Dourado logrou finalizar primeiro con 3,7 segundos de vantaxe sobre Alfonso. Por detrás Antonio Perez acabou en terceiro lugar.

Comentarios