Os ecoloxistas denuncian que Endesa planea verter ao Eume lodos acumulados desde 1960

A entidade ecoloxista Ríos con Vida-AEMS denunciou que Endesa pretende verter ao río Eume, un dos canles máis longos e caudalosos de Galicia, "toneladas de lodos contaminados" que se acumulan no encoro da Capela (A Coruña), desde a súa construción en 1960.

Nun comunicado, desde Ríos con Vida en Galicia aseguraron que Endesa xa remitiu o seu "proxecto ambiental" a Augas de Galicia, un ente autonómico adscrito á Consellería de Medio Ambiente e Infraestruturas da Xunta de Galicia, co obxectivo de modernizar "os desaugadoiros de fondo da presa do Eume".

Segundo os ecoloxistas, os plans da compañía eléctrica pasan por retirar parte dos lodos que se almacenan sobre as válvulas do fondo do encoro e depositalos "50 metros máis arriba", no chan da mesma presa, ademais de apilar parte deses sedimentos en cinco "balsas de retención" nunha zona de gran pendente "o que fará que as balsas non teñan capacidade nin poidan neutralizar en absoluto as avenidas de auga mesturadas con lodos".

Unha vez despexados os dous desaugadoiros, con metro e medio de diámetro cada un, Endesa, de acordo ao documento enviado á Xunta, comezaría a verter ao río o caudal ecolóxico que lle esixe a lei, que equivale ao 10 por cento da media anual do río a partir da auga que se acumula no fondo da presa "cunha proporción mínima de osíxeno e a baixas temperaturas". Segundo o presidente de Ríos con Vida, Pedro Brufao, estas verteduras "poden ocasionar graves danos" ao ecosistema do río se se liberan.

A xuízo dos ecoloxistas, esta proposta de Endesa arrastraría á canle do Eume toneladas de lodos tóxicos, "máis de 30 metros" que se amontoa xunto ao muro da presa desde hai medio século e que conteñen os restos da explotación mineira das Pontes e os residuos industriais da construción da autovía AG-64 entre Ferrol e Vilalba. A entidade, que considera que "o arrastre dos lodos podería danar seriamente o tramo de río que hai augas abaixo da presa", uns 16 quilómetros ata a desembocadura nun río rico en reos, anguías e troitas.

Comentarios