jueves. 09.07.2020 |
El tiempo
jueves. 09.07.2020
El tiempo

Adega denuncia danos a un castro en Mondoñedo para plantar eucaliptos

O Castelo de Monte da Arca de Argomoso, incristo na lista de xacementos da Xunta, foi danado polo uso de maquinaria para "labores de roza do bosque"

Un castro no municipio lucense de Mondoñedo incluído en decembro pasado no inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta resultou danado pola utilización de maquinaria pesada para plantar eucaliptos, denunciou este martes a asociación ecoloxista Adega.

Nun comunicado, Adega indica que o sitio denominado Castelo de Monte da Arca de Argomoso, sufriu días atrás a intervención dun equipo con máquinas para "labores de roza de bosque" co fin de levar a cabo unha plantación de árbores. "Miles de anos de historia e de patrimonio público foron derramados á maior gloria do eucalipto, cuxo monocultivo non parece ter límites", denuncia Adega na nota.

Precisa que ese sitio foi inscrito na lista do patrimonio histórico da Xunta por iniciativa de compañeiros da asociación MariñaPatrimonio, subliña que se trata dun xacemento da Idade de Ferro e observa que a agresión supón un delito contra o patrimonio cultural tipificado no Código Penal. 

"O máis grave é que non se trata dun caso illado", afirma a agrupación ecoloxista, e lamenta que hai "ducias de elementos patrimoniais" tanto de castros como de restos romanos, que son "danados, incluso de forma irrecuperable, por labores asociados ao monocultivo de eucalipto".

Ademais, observa o paradoxo de que algunhas desas plantacións teñen certificacións co selo FSC, que debería garantir un aproveitamento forestal "sostible".

 

Adega denuncia danos a un castro en Mondoñedo para plantar eucaliptos
comentarios