XuvenLugo abre este sábado as citas de lecer infantil do Nadal

Haberá unha zona para bebés e contará con pistas inchables xigantes
[ES]

Los GES (Bomberos) de Becerreá protestan por el ERE presentado por partde del Concello de Becerreá en Lugo, Spain, Friday, December 03, 2021.
(Adra Pallón).
photo_camera [ES] Los GES (Bomberos) de Becerreá protestan por el ERE presentado por partde del Concello de Becerreá en Lugo, Spain, Friday, December 03, 2021. (Adra Pallón).

XuvenLugo volve e abre desde este sábado no Pazo de Feiras durante toda a ponte a primeira cita do Nadal de lecer infantil. A entrada ao recinto terá un prezo de seis euros, pero haberá un bono de grupo, válido para un só día e para dez persoas, por 50 euros. Ademais, os días 10 e 17 haberá sendas xornadas de portas abertas, financiadas polo Concello e a Deputación.

A entrada incluirá o acceso a atraccións e inchables, salvo á pista de minigolf, cun prezo de 1,5 euros; a pista de slot, que custará dous euros, o escape room, cun prezo de cinco euros, e o rocódromo, cuxa entrada terá un custo de dous euros.

O certame ocupará os dous pavillóns do Pazo de Feiras, con múltiples atraccións e xogos e haberá áreas con actividades organizadas segundo as idades dos máis pequenos. Así, haberá un espazo de ludoteca para nenos de 0 a 7 anos, cunha primeira área dirixida a pequenos de 0 a 3 anos.

XuvenLugo contará tamén cunha zona de xogos recreativos, cunha área na que haberá unha gran pantalla cos videoxogos máis populares.

Ademais dos inchables da zona infantil, a feira de lecer incluirá tamén este ano tres inchables de gran tamaño con innumerables posibilidades de xogo. Haberá, así, un multideporte que se pode utilizar para fútbol ou voleibol.

Haberá, así mesmo, unha pista multiaventura. Trátase dun inchable con dúas zonas diferenciadas e deseñado para superar obstáculos.