Os catro xulgados do Social de Lugo estarán situados no mesmo edificio

O de Menores pasará á Audiencia 
Alfonso Rueda durante su visita a la Audiencia Provincial de Lugo. MARÍA G. MORADO
photo_camera Alfonso Rueda durante a súa visita á Audiencia Provincial de Lugo. MARÍA G. MORADO

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, avanzou este martes que o Xulgado do Social nº4 situarase xunto aos outros tres do Social no edificio xudicial da rúa Armando Durán, unha vez que o Estado autorizou -remarcou-, tras varias peticións da Comisión Mixta entre Xunta e TSXG, a posta en marcha dun cuarto Xulgado do Social en nbsp;Lugo&este ano. 

Alfonso Rueda, acompañado do presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela, do fiscal xefe provincial, Roberto Breznes; da xuíza decana en funcións e titular do xulgado de menores, María Sara Pendás; da secretaria provincial coordinadora, Maria do Carmen Varela Rebolo; e do director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez, visitou a Audiencia Provincial de Lugo, onde indicou que alí será recolocado o Xulgado de Menores da cidade. 

Segundo explicou, trasladarase o Xulgado de Menores á Audiencia, onde será acondicionado un espazo que agora está diáfano na planta superior, ao carón do Xulgado de Vixilancia penal. Ademais, coa vantaxe de que na Audiencia está a Fiscalía Provincial, que é a encargada de investigar os asuntos de menores infractores. 

Os actuais tres xulgados do Social atópanse no edificio xudicial da rúa Armando Durán, pero non existe espazo para o cuarto xulgado do social. 

Rueda concluíu que, para poder habilitar ese espazo, dáse traslado á Audiencia do Xulgado de Menores, que será acondicionado cunha partida orzamentaria de 75.000 euros para que que, "axiña que o Ministerio de Xustiza permita o arranque deste cuarto xulgado", todo estea xa listo para que bote a andar canto antes. 

Comentarios