A Xunta reduce o prazo para a construción do Centro Integral de Saúde en Lugo

A reforma integral do antigo Hospital Materno Infantil permitirá crear nese espazo un centro de saúde, unha PAC, unha unidade de saúde mental e a base do 061 na cidade

Hospital Materno-Infantil. AEP
photo_camera Hospital Materno-Infantil. AEP

A Xunta de Galicia publicou este xoves no Diario Oficial da Unión Europea o anuncio previo de licitación das obras de construción do Centro Integral de Saúde, o primeiro que funcionará na comunidade autónoma, no barrio da Residencia, no edificio que ocupaba o antigo Hospital Materno Infantil.

Segundo informou o Goberno galego, este anuncio previo "permitirá reducir os prazos do proceso" para iniciar as obras de construción do centro, dado que se acurtará o prazo de presentación de ofertas".

O orzamento previsto ascende a 9.052.073 euros e o prazo de duración do contrato é de 24 meses.

A reforma integral do antigo Hospital Materno Infantil permitirá crear nese espazo un centro de saúde, unha PAC, unha unidade de saúde mental e a base do 061 en Lugo. 

Comentarios