A Xunta porá en marcha en febreiro unha oficina dixital para asesorar a retornados

Rodríguez Miranda mantivo un encontro coa asociación de venezolanos na cidade

Antonio Rodríguez Miranda. AEP
photo_camera Antonio Rodríguez Miranda. AEP

A Xunta porá en marcha o próximo mes de febreiro a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retornado, unha ferramenta que pretende dar resposta ás inquietudes máis frecuentes e compartidas pola colectividade galega retornada. 

Así o destacou este venres o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, durante un encontro cos membros da asociación de venezolanos de Lugo, VeneLugo, na que participaron unha trintena de socios desta entidade que informa e orienta aos galegos que regresan desde o exterior á comunidade.

Diso informou a Xunta nun comunicado, no que explica que os integrantes do colectivo, liderados pola súa presidenta, Karin Mago, expuxeron a Miranda algunhas das súas necesidades e dúbidas máis urxentes, entre as que destaca a creación dun órgano que canalice as cuestións relativas ao regreso dos galegos que viven en touros países e a súa integración social e laboral na Galicia territorial. 

A Xunta recordou que Venezuela é o país desde o que máis lucenses retornaron á capital da provincia en 2017, reflexo da tendencia que se experimenta en toda a comunidade autónoma.

Comentarios