Xunta e Parlamento entregan 350 menús de Noiteboa ao comedor social de Cáritas

Foron elaborados con produtos agroalimentarios procedentes da canle Mercaproximidade
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Álvaro Villasante e Olga Iglesias, na entrega dos menús a Cáritas. EP

A Xunta e o Parlamento galego entregaron a Cáritas Diocesana de Lugo 350 menús de Noiteboa elaborados con produtos agroalimentarios procedentes do canle Mercaproximidade.

A xefa territorial de Medio Rural en Lugo, Olga Iglesias, visitou o comedor da entidade lucense, que serviu un menú a base de estofado de tenreira galega con fabas e grelos e iogur galego con mel do selo IXP Mel de Galicia.

Os pratos foron preparados nas instalacións do Centro Superior de Hostalería de Galicia por cociñeiros galegos de prestixio, entre eles o lucense Álvaro Villasante. A coordinación correu a cargo da ONG World Central Kitchen, en colaboración co Centro Superior de Hostalería.

A fundación Amigos de Galicia entregará menús para a cea de Noitevella ás familias en risco ou exclusión social con menores que teñen dificultades para preparar os alimentos en casa e que son atendidas por esta entidade en Lugo.

Comentarios