A Xunta licita o contrato para conservar a muralla de Lugo durante dous anos

O orzamento destinado elévase a máis de 635.000 euros
Obras de mantenimiento en la muralla, en una imagen de archivo. J. VÁZQUEZ (AEP)
photo_camera Obras de mantemento na muralla, nunha imaxe de arquivo. J. VÁZQUEZ (AEP)

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade licitou o contrato de mantemento da muralla de Lugo por un período de dous anos e un orzamento de 635.700 euros.

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, explicou que así se lle dá continuidade, ata 2023, "ao permanente traballo de control e corrección que realiza" a administración autonómica no monumento, dado que "é un dos espazos máis transitados da cidade e esixe dun importante esforzo de conservación".

As empresas interesadas en optar ao contrato teñen de prazo ata o 27 de maio para presentar as súas ofertas

Entre as actuacións previstas figuran a retirada manual da vexetación que se acumula nos seus lenzos e o mantemento e reparación de todos os elementos que conforman a estrutura deste monumento, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Tamén está prevista a reparación da instalación eléctrica e da luminación, así como unha intervención no pavimento do adarve, debido ao desgaste derivado do "intenso uso", pero tamén dalgún "acto vandálico".

Ademais, a actuación sobre a muralla esténdese tamén, na Praza de Pío XII, aos restos do Domus do Mitreo –o templo dedicado a Mitra que foi musealizado in situ–, que forman parte do conxunto arqueolóxico.

As empresas interesadas en optar ao contrato teñen de prazo ata o 27 de maio para presentar as súas ofertas.

Comentarios