A Xunta licita en case dous millóns de euros as obras de rehabilitación na sede de Lugo

O obxectivo é que os traballos estean en marcha a finais de ano e se terminen no verán de 2020
Sede de la Xunta en Lugo. AEP
photo_camera Sede da Xunta en Lugo. AEP

A Xunta sacou este luns a licitación no portal Contratos de Galicia as obras de rehabilitación para mellorar a eficiencia enerxética da súa sede na cidade de Lugo, por un importe próximo aos 2 millóns de euros, co obxectivo de que os traballos estean en marcha antes de que finalice este ano e terminados no verán de 2020.

As empresas interesadas en facerse con ese contrato teñen ata o 26 de agosto para presentar as súas ofertas e o prazo de execución das obras, unha vez formalizado o contrato, será de sete meses.

O vicepresidente do goberno galego, Alfonso Rueda, presentou estas obras o pasado mes de xuño, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e polo arquitecto responsable do proxecto, Rodrigo Portanet. “Chegou o momento de investir en nós mesmos. Investir en edificios públicos nos que se prestan servizos públicos”, explicou Rueda.

En canto ás deficiencias que acusa o edificio, Rueda destacou “a insuficiente iluminación, o excesivo consumo enerxético e a ventilación inadecuada”. Coas obras, engadiu, “preténdese aforrar enerxía, diminuír a emisión de CO2 e mellorar o confort dos traballadores e usuarios”.

A Xunta espera un aforro anual de 84.000 euros en electricidade e 15.000 en calefacción.

Comentarios