A Xunta licita en 2,5 millóns a oficina de emprego na Residencia

Encarga ademais a Tragsa tirar en tres meses a lavandería e a vella térmica do Xeral
Obras de demolición del viejo Xeral. XESÚS PONTE
photo_camera Derriba do Hospital Xeral, onde se situará a nova oficina de emprego. XESÚS PONTE

A Xunta dá novos pasos para desenvolver os proxectos de novos servizos no vello Xeral. O Goberno galego sacou a contratación as obras da futura oficina de emprego de Lugo, cun orzamento de 2.565.672 euros e, paralelamente, anunciou que se encargou a Tragsa a demolición, en tres meses, da lavandería e a central térmica do antigo hospital Xeral da capital.

A oficina de emprego, que dará a substitución ás dúas que hai actualmente na cidade, situarase no edificio da antiga Escola de Enfermería, construída en 1973. Para crear ese servizo farase unha rehabilitación integral do inmoble, un paso aprobado por Patrimonio o pasado mes de xuño. O edificio, de cinco plantas (semisótano, baixa, primeira, segunda e terceira) é de planta rectangular e presenta unhas balconadas corridas ao longo da fachada. Trátase dunha construción na que foi habendo reformas ao longo dos anos, xa que foi albergando distintos usos desde a Escola de Enfermería orixinal.

Agora, no entanto, trátase de abordar un proxecto moito máis ambicioso, coa mellora da fachada, pero tamén a creación de espazos abertos interiores, para mellorar a habitabilidade e luminosidade. O edificio, que tivo como último uso o de centro de día de psiquiatría, albergará as oficinas de emprego da Xunta na cidade e tamén dependencias do servizo público de emprego estata.

DERRIBAS

Por outra banda, acabado a derriba do hospital, os guindastres con cizallas poranse ao choio cos inmobles que ocupaban a lavandería e a central térmica. O Sergas anunciou que encargou á empresa pública Tragsa esa nova demolición, que ten un custo de 301.827 euros, case once veces menos que a do antigo Xeral.

O Concello de Lugo informou de que está a axilizar os trámites da licenza de obras para que leve a cabo este proxecto. Os labores, que terán un prazo de execución de tres meses, consistirán no baleirado e derriba de ambas as edificacións, a retirada dos depósitos de fuel e a escavación e demolición das estruturas de cimentación.

A parcela que quedará libre, que se atopa á altura da intersección das rúas Orquídea e Serra de Outes, será destinada á instalación dunha central de biomasa, que irá soterrada, cunha cheminea exterior para a saída de fumes. As dúas edificacións que demolerán os operarios de Tragsa datan de fai máis de 40 anos. A súa eliminación, segundo puxo este venres de manifesto o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, "favorecerá o enlace urbanístico da parcela co barrio da Residencia, dado que a futura central de biomasa irá soterrada e terá o menor impacto posible na contorna".

DIMENSIÓNS

A central térmica, segundo os datos facilitados pola administración autonómica, ocupaba un edificio que ten unha planta de 13 x 17 metros e unha altura libre interior de máis de sete metros. A fachada principal ábrese a un amplo espazo exterior onde están soterrados dous grandes depósitos de fuel de 75.000 metros cúbicos. O edificio da lavandería consta de dúas plantas de 14 x 32 metros cada unha e outra encostada de 5 x 10 metros, que alberga un centro de transformación.

A nova central de biomasa dará servizo a todas as dotacións públicas que está previsto que se poñan en marcha nos próximos anos nestes terreos do barrio da Residencia: o centro integral de saúde, a residencia para persoas maiores, a oficina de emprego, o centro de emprendemento aeronáutico e, se finalmente prospera, a comisaría da Policía Nacional.

MÁS DERRIBAS

As demolicións non finalizarán con estas da lavandería e a antiga central térmica. Cando leve a cabo a rehabilitación do antigo Hospital Materno-Infantil, co fin de que acolla, entre outras dependencias, o punto de atención continuada (PAC), o centro de saúde, a unidade de saúde mental e a base do 061, acometerase a demolición da 'L' que unía este edificio co vello Xeral, onde se atopaban outrora a cafetería e o servizo de urxencias pediátricas.

Aos poucos vanse coñecendo os prazos para executar algunha destas dotacións. O centro integral de saúde está pendente da adxudicación das obras. Concorreron 17 construtoras. Suporá un investimento próximo aos 12 millóns de euros e o seu prazo de execución será de 20 meses. Prevese que se poidan iniciar os traballos antes de que finalice este ano ou a principios do próximo.

A residencia con 120 prazas para persoas maiores, que construirá e equipará a Fundación Amancio Ortega, tamén terá un investimento duns 12 millóns. As previsións para o inicio das obras son se

Comentarios