jueves. 26.11.2020 |
El tiempo
jueves. 26.11.2020
El tiempo

A Xunta de Galicia incrementa un 40% a achega para a Fundación Juan Soñador

Fabiola García e Javier Arias, con representantes da Fundación Juan Soñador. BRAIS LÓPEZ HORTAS
Fabiola García e Javier Arias, con representantes da Fundación Juan Soñador. BRAIS LÓPEZ HORTAS
O convenio de colaboración, asinado en Lugo este venres, ten un importe de 180.000 euros

A conselleira de Política Social, Fabiola García, asinou na mañá deste venres un convenio de colaboración coa Fundación Juan Soñador por importe de 180.000 euros para garantir a continuidade dos programas de apoio aos menores tutelados pola Administración autonómica.

A firma do convenio produciuse no transcurso da visita que realizou a conselleira á sede da fundación, acompañada polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias.

Coa firma deste convenio, a Xunta de Galicia incrementa nun 40% a súa colaboración para o mantemento destes programas de apoio aos menores tutelados pola Administración autonómica, cunha achega de 158.000 euros, mentres que o resto do orzamento corre a cargo da propia fundación.

Ese incremento do orzamento asignado permitirá dotar de novas "oportunidades a cincocentos nenos, nenas e adolescentes aos que dirixe a súa actividade a Fundación Juan Soñador", de modo que haberá "70 beneficiarios máis que o ano anterior", precisou a conselleira.

Ademais, reforzaranse as actividades de atención escolar e apoio educativo, un dos eixos nos que se centra o traballo da entidade lucense, que tamén realiza actividades para fomentar o desenvolvemento persoal e social, a dinamización do lecer e o tempo libre e a atención familiar.

A Xunta de Galicia incrementa un 40% a achega para a Fundación Juan...
comentarios