A Xunta empezou xa a desmontar o interior do antigo hospital Materno

Explica que é o primeiro paso das obras de execución do centro integral da Residencia
photo_camera Un operario colocando un cartel no exterior do recinto. EP

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acaba de empezar a desmontar o interior do edificio do Materno polo que dá por iniciadas as obras de execución do centro integral de saúde que irá no barrio da Residencia. Explica que, logo dese labor manual, comezaranse as demolicións.

Botarase abaixo a antiga cafetería e un lateral do que foron as Urxencias Pediátricas, así como unha nave que estaba situada na parte traseira do Materno e onde se atopaba a lavandería e a central térmica do antigo hospital Xeral.

As obras do que será o primeiro centro integral de saúde de Galicia teñen un prazo de execución de 20 meses e foron adxudicadas a Acciona Construción por un orzamento de máis de 11,4 millóns de euros. A nova infraestrutura aproveita a infraestrutura do antigo Materno para habilitar un edificio de 8.000 metros cadrados, con seis plantas, e que acollerá un centro de saúde, un Punto de Atención Continuada (PAC), área de saúde mental e unha base para o 061.

Infraestruturas recorda que esta intervención tamén servirá para "a urbanización do ámbito do edificio e as súas áreas de contacto coa cidade co obxectivo de reordenar vos accesos ao novo centro sanitario". Tamén sinala que forma parte dun proxecto para a recuperación barrio, cun investimento conxunto de máis de 30 millóns de euros, que permitirá que os lucenses dispoñan de case 21.000 metros cadrados dun novo espazo social.

A Xunta levantará, ademais do centro de saúde, outros edificios para uso público do ámbito sociosanitario, como unha nova residencia da terceira idade. Será promovida pola Consellería de Política Social e levantarase sobre parte da parcela do antigo hospital. A actuación tamén inclúe a dotación da zona de aparcadoiro de toda a nova área, xa que está previsto que se habiliten máis de 100 prazas baixo o que será ese novo centro residencial xeriátrico. No proxecto prevese a execución dunha nova comisaría, da que a Xunta asegura que lle está demandando ao Goberno central.

Nesa nova zona tamén se levantará unha nova oficina de emprego, que proporcionará enerxía ao complexo, e un centro de emprendemento que terá como obxectivo promover novas empresas do sector aeronáutico.

PAC. A principal novidade dun centro integral de saúde en comparación con outro convencional é a súa capacidade diagnóstica e resolutiva. Por exemplo, contará con equipos radiológicos e con análises clínicas, ambas as unidades darán servizo ademais da o centro de saúde fundamentalmente á PAC.

Non é algo que teña o ata agora PAC de Lugo, situado en Fingoi, que se precisa facer algunha proba de imaxe ou unha analítica debe remitir o paciente a Urxencias do Hula.

Comentarios