A Xunta destina uns 12 millóns a pemes do rural para que invistan en innovación

O vicepresidente e conselleiro de Economía, Francisco Conde, presentou en Lugo esta liña de axudas, que prevé que alcancen a unhas 15.000 empresas galegas
Javier Arias, Francisco Conde, Eduardo Valín y Jaime López, en la presentación de las ayudas. SEBAS SENANDE
photo_camera Javier Arias, Francisco Conde, Eduardo Valín y Jaime López, en la presentación de las ayudas. SEBAS SENANDE

O Goberno galego puxo en marcha un novo plan de axudas para impulsar a innovación, sobre todo no medio rural e entre aquelas firmas que non dean aínda o paso. O seu contía ascende a 12 millóns de euros e prevese que se poidan beneficiar unhas 15.000 pemes e microempresas.

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, presentou este martes este programa nun acto organizado na capital lucense polo seu departamento e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL).

Francisco Conde considera que a innovación é "un elemento tractor" para saír da crise socioeconómica causada pola pandemia porque contribúe a mellorar a competitividade e a sustentabilidade do tecido empresarial.

Unha unidade móbil percorrerá nas próximas semanas 18 municipios galegos, cinco deles lucenses, para presentar esta iniciativa. Empezará o 5 de novembro en Vilalba e concluirá o 9 de decembro en Meira. Tamén realizará altos en Cervo (8 de novembro), Monforte de Lemos (30 de novembro) e Chantada (1 de decembro).

Comentarios