A Xunta dedica 70.000 euros a conservar 143 árbores e 38 formacións singulares

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, visitou o castiñeiro de Casa Fragueiro en Ombreiro, o último exemplar incluído nun catálogo galego
La visita institucional al castaño de Casa Fragueiro. XESÚS PONTE
photo_camera La visita institucional al castaño de Casa Fragueiro. XESÚS PONTE

A Xunta de Galicia destinará 70.000 euros para as actividades de mellora, conservación e divulgación de 143 árbores e 38 formacións consideradas como singulares e recollidas polo catálogo galego dedicado a este tipo de formacións.

O Catálogo Galego de Árbores Senlleiras é unha ferramenta aberta e en constante actualización, podendo propor a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións, os centros de investigación ou asociacións e aquelas entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, xunto ao delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitaron este martes o castiñeiro de Casa Fragueiro en Lugo, que foi o último exemplar incluído neste catálogo.

Durante a súa visita, Do Campo comentou que o Diario Oficial de Galicia (DOG), publicado onte presenta dúas ordes polas que se establecen as bases reguladoras para solicitar estas axudas para a conservación de árbores e formacións singulares.

As actividades que poden ser obxecto destas liñas de subvencións da Xunta son a realización de podas, formación e control da copa, a aplicación de tratamentos fitosanitarios, accións encamiñadas á conservación e mellora da contorna, accións de divulgación e sinalización e a realización de estudos.

Estas poderán levar a cabo desde a certificación de non inicio, emitida polo Servizo Provincial de Patrimonio Natural, ata o 30 de setembro.

Do Campo explicou que os interesados en acollerse a esta liña de incentivos poderán acceder a strong <>subvencións de ata o 100% do custo da actuación, cun límite de 4.500 euros por árbore e de 8.000 euros no caso dunha formación.

Comentarios