jueves. 26.11.2020 |
El tiempo
jueves. 26.11.2020
El tiempo

A Xunta crea unha canle de Youtube para celebrar os 20 anos da muralla como Ben Mundial

Muralla de Lugo. XESÚS PONTE
Muralla de Lugo. XESÚS PONTE
Anima os lucenses a gravar os seus propios vídeos para a plataforma

O canle de Youtube A Nosa Muralla creada pola Xunta, comeza este luns a emitir vídeos de felicitación con motivo do vixésimo aniversario da declaración da muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Eses vídeos de felicitación polo que supuxo un fito para a cidade de Lugo, que serán emitidos durante os próximos seis días, teñen como protagonistas "destacados personaxes de distintos ámbitos da sociedade lucense", segundo a Xunta.

Esas producións audiovisuais tamén inclúen "historias e anécdotas" dos seus protagonistas, que achegarán "unha visión particular" sobre esa declaración por parte da Unesco, desde o punto de vista dos deportes, a arte, a arqueolóxica, o teatro, a literatura e incluso a maxia.

Os seis primeiros invitados a participar nesta iniciativa escolleron un lugar do adarve, unha das portas da muralla ou un "recuncho especial para eles" como escenario para "compartir unha historia co resto dos lucenses e co monumento como protagonista".

Con esta iniciativa arrincan os actos programados pola Xunta para conmemorar o aniversario da declaración da muralla como Patrimonio da Humanidade.

Ademais, a Xunta invita a todos os lucenses a participar neste proxecto, mediante a gravación de vídeos propios que serán emitidos a través da canle a partir do día 29. Os vídeos poden ter unha duración máxima dun minuto e, desde este luns, as persoas interesadas poden subilos á plataforma gratuíta anosamuralla.wetransfer.com.

A Xunta crea unha canle de Youtube para celebrar os 20 anos da...
comentarios