viernes. 18.09.2020 |
El tiempo
viernes. 18.09.2020
El tiempo

A Xunta concierta 15 novas prazas públicas na residencia de Aspnais

Alberto Núñez Feijóo, José Reigosa e Fabiola García na residencia de Aspnais. SEBAS SENANDE
Alberto Núñez Feijóo, José Reigosa e Fabiola García na residencia de Aspnais. SEBAS SENANDE
Alberto Núñez Feijóo e Fabiola García visitaron o centro, ao que consideran "unha referencia"

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou este venres a residencia de Aspnais para persoas con discapacidade intelectual en Lugo, onde a administración galega acaba de concertar 15 novas prazas públicas para residentes.

Ao acto acudiron membros do persoal do centro e o seu director, José Reigosa, que dirixiu unha visita na que o presidente da Xunta valorou a residencia como un centro referencial en Galicia.

"É un lugar magnífico, no que traballamos todas as administracións públicas", recordou, tanto a Deputación de Lugo, titular do inmoble; como o Concello de Lugo, que financiou o proxecto de modernización, e a propia Xunta de Galicia.

Feijóo dixo que a Xunta de Galicia está "á beira desta asociación", porque está "á beira da xente que o necesita", cun traballo a favor das persoas con discapacidade "eficaz e eficiente".

Pola súa banda, a conselleira de Política Social, Fabiola García, recordou que Aspnais é unha "entidade de referencia a nivel nacional", capaz de rehabilitar un "edificio impresionante" para facer unhas "instalacións espectaculares".

Unha residencia, dixo, que se converteu "na casa das persoas con discapacidade" que xa viven "aí".

García confirmou que a Xunta de Galicia concertou 15 novas prazas públicas, que xa foron ocupadas polas persoas beneficiarias.

"Están moi contentos", afirmou, pois "din que é como vivir nun palacio".

A Xunta concierta 15 novas prazas públicas na residencia de Aspnais
comentarios