A Xunta adxudica novos equipos médicos para o Hula

Tambien beneficiaranse os Hospitais de Verín e Valdeorras
El menor fue trasladado al Hula en ambulancia. AEP
photo_camera Hula. AEP

A Xunta de Galicia adxudicou novos equipos médicos para o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) e os de Verín e Valdeorras, segundo informan. 

A través do Sergas, adxudicou a subministración do equipo PET-TC para o HULA, por importe de 1,3 millóns de euros. A adxudicataria disporá dun prazo máximo de dez meses desde a adxudicación do contrato para a súa entrega e posta en funcionamento. 

O PET-TC é un equipo de última xeración cos últimos avances no diagnóstico e seguimento do cancro e doutras enfermidades, coa posibilidade de detectar tumores antes de que sexan apreciados por outras técnicas diagnósticas. 

Por outra banda, a Xunta publicou a resolución da adxudicación da renovación da terceira resonancia magnética móbil que dá servizo aos hospitais de Verín e Valdeorras

Esta adquisición entra dentro dos contratos cos que a Xunta está a canalizar máis 60 millóns de fondo europeos Next Generation para tecnoloxía sanitaria. 
 

Comentarios