Xulgan un garda civil por unha suposta omisión do deber de perseguir delitos

A Fiscalía entende que procede declarar prescrito o posible delito e pide por iso o arquivo da causa

La Audiencia Provincial de Lugo, donde se confirmó el fallo. AEP
photo_camera A Audiencia Provincial de Lugo. AEP

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará os días 28 e 29 de maio un garda civil como suposto autor dun delito de omisión do deber de perseguir delitos, neste caso un de malos tratos, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). 

Os feitos remóntanse a finais de 2009 e 2010 tras unha denuncia por malos tratos. O ministerio público asegura no seu escrito que o investigado, da Comandancia da Garda Civil de Lugo, "tiña coñecemento dos feitos e que non fixo nada".

En 2014, emitiuse unha sentenza firme da Audiencia de Lugo polos malos tratos, co último episodio en 2007. "O delito que se investiga nas presentes actuacións foi presumiblemente cometido durante o período en que se produciron os malos tratos, aínda que foi denunciado no ano 2009 e por iso antes da reforma operada pola Lei Orgánica 5/10", apunta o ministerio público. 

"O certo é que tras tomar declaración á denunciante e ao investigado no ano 2009 e 2010 e ata a formación da presente peza non consta a realización de actuación ningunha relativa ao delito investigado", engade o ministerio público, que sostén, con todo, que "o prazo de prescrición marcado na lexislación vixente á data dos feitos transcorreu e procede declarar prescrito o posible delito". Por este motivo, pide o arquivo da causa.