A xuízo unha muller por falsear un informe do Hula para que o seu ex non visitase o seu fillo

Alterouno para que recomendase "evitar contacto con adultos ata a resolución do cadro"
Audiencia Provincial de Lugo. AEP
photo_camera Audiencia Provincial de Lugo. AEP

Unha lucense sentará o día 22 no banco dos acusados da Audiencia Provincial porque presuntamente falsificou un informe médico do seu fillo para que o seu pai, do que estaba separado, non o puidese visitar.

O fiscal solicita para a acusada un ano e seis meses de prisión por un delito de falsidade en documento privado.

Os feitos tiveron lugar hai tres anos cando o xulgado lle requiriu á muller que cumprise o réxime de visitas ao seu fillo, menor de idade, por parte da súa ex, fixado por sentenza.

A acusada manipulou un informe de Urxencias Pedriátricas do Hula para, segundo o ministerio público, "aparentar que o seu fillo necesitaba un tratamento diferente ao real".

O fiscal explica que fixo constar "evitar contacto con adultos ata a resolución do cadro. Permanencia en domicilio" co "fin de evitar cumprir o réxime de visitas, enganando ao xuíz e en prexuízo do pai do menor".