Un xuíz de Lugo dá a un xubilado plus de maternidade

Trátase dunha nova sentenza que recoñece o dereito a esta prestación
Dos ancianos paseando por un parque. EP
photo_camera Dos ancianos paseando por un parque. EP

O xulgado do Social número 2 de Lugo condena ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) a pagar o complemento de pensión por maternidade a un xubilado lucense ao que ademais terá que indemnizar na cantidade de 1.000 euros por danos e prexuízos.

O home, de 67 anos, solicitou o complemento na porcentaxe correspondente aos seus tres fillos (10%) e o INSS denegoullo con data de 4 de febreiro de 2021, alegando que a proxenitora "xa era acredora dese complemento demográfico", polo que o home recorreu aos tribunais e a Xustiza acáballe de dar a razón como xa fixo noutros casos.

Ver máis: Un xuíz non ve delito no cultivo de 222 plantas de marihuana intervidas en Begonte

A sentenza do xulgado lucense recolle que a resolución denegatoria do INSS "vulnerou o principio de non discriminación por razón de sexo recoñecido no artigo 14 da CE, ao facer unha interpretación incorrecta da citada norma, contraria a dereito comunitario, polo que é sinxelo concluír que se ha conculcado de forma concreta o dereito fundamental de igualdade do actor, ao ser discriminado por razón de sexo".

O fallo explica ademais que a sentenza do TJUE de data 12 de decembro de 2019 concluíu que non había xustificación razoable" para unha discriminación positiva das mulleres e esixiu a "plena igualdade" de ambos na vida laboral. Segundo apunta, dita sentenza foi publicada o 17 de febreiro de 2020 e a solicitude do complemento por parte do demandante realizouse o 2 de febreiro de 2021, "polo que o INSS coñecía desde facía máis dun ano cal era o criterio a aplicar e fixo caso omiso, polo que o dano moral está perfectamente acreditado cos feitos e coa conduta da administración".

Comentarios