O xuíz deixou en liberdade ao home acusado por unha menor de intentar violala en Lugo

A moza fuxiu dun centro e cando a Policía a localizou contou que intentaron agredila â?? Puxo unha denuncia coa súa titora e volveu fuxirse

La estación de autobuses de Lugo. SEBAS SENANDE
photo_camera A estación de autobuses de Lugo. SEBAS SENANDE

O home detido o pasado venres en Lugo un presunto intento de violación a unha moza, menor de idade, prestou declaración no xulgado de Instrución número 3 da capital e o maxistrado decretou a súa posta en liberdade.

A moza atópase actualmente tutelada nun centro de menores da provincia de Lugo e o venres non regresou ás instalacións á hora que tiña estipulada, polo que a Policía Autonómica montou un dispositivo de procura e pronto conseguiu localizar á moza -acompañada dunha amiga- nas inmediacións da estación de autobuses da capital lucense.

Os axentes trasladaron á menor ao centro tutelado e a moza contou que un home intentara abusar sexualmente dela. Ao parecer, a moza explicou que acompañou a esta persoa ao seu domicilio de forma voluntaria, pero unha vez na vivenda, o home intentou manter relacións sexuais con ela en contra da súa vontade.

ARRESTO. A moza facilitoulle á Policía Autonómica a dirección desta persoa e achegou a súa descrición física. Ademais, contou que o home tiña varias tatuaxes visibles e que adoitaba estar con outro grupo de persoas nos parques situados fronte á estación de buses.

O presunto agresor foi localizado esa mesma noite no lugar que indicara a moza e, segundo explicaron desde Vicepresidencia da Xunta de Galicia, foi detido nese momento e trasladado á comisaría da Policía Nacional de Lugo.

A denunciante dixo que foi á vivenda do detido de forma voluntaria pero unha vez alí intentou agredila sexualmetne

Ata as dependencias policiais da Rúa Chantada tamén se desprazaron a vítima, a súa amiga e a súa titora do centro de menores, dependente da administración autonómica.

A moza denunciou o intento de violación en compañía da persoa que ten asignada a súa tutela e nun momento dado puxo unha escusa para saír coa súa amiga das instalacións de comisaría e volveu fuxir.

A Policía Nacional abriu unha investigación para tratar de aclarar as circunstancias deste caso e, paralelamente, búscase á nova fuxida.