O sindicato Xóvenes Agricultores solicita entrar en concurso de acredores

O sindicato acumula unha débeda de 1,5 millóns de euros, na súa maioría con empregados e entidades financeiras

O sindicato Xóvenes Agricultores solicitou no xulgado mercantil de Lugo a declaración de concurso de acredores debido a que acumula un pasivo que rolda os 1, 5 millóns de euros.

Esa débeda é sobre todo con empregados e entidades financeiras.

Esta central chegou a ter en Galicia un centenar de traballadores distribuídos nunha trintena de oficinas.

Comentarios