Un xogo-guía virtual descobre ás familias o centro e o río Miño

A mascota Marco Topo axudará a descubrir a historia de Lugo a través de preguntas desde unha app e un mapa turístico gratuíto

Lara Méndez, con Marco Topo. X.C.
photo_camera Lara Méndez, con Marco Topo. X.C.

LUGO. Un xogo-guía protagonizado pola mascota Marco Topo e a súa irmá Marta Topo axudará ás familias e, en especial aos nenos a partir de tres anos, a descubrir a historia da cidade e a contorna do río Miño a través dunha app e un mapa en papel que distribuirá o Concello de forma gratuíta na oficina de turismo e na casa consistorial.

A alcaldesa Lara Méndez presentou onte esta nova iniciativa, que se financiará con cargo ao programa Edusi, xunto a técnica municipal Rita González, a mascota Marco Topo e o deseñador do xogo, Liborio López, quen destacou que Lugo é a primeira cidade galega que se suma a unha iniciativa que xa está en marcha nuns 40 destinos.

A rexedora explicou que ao xogo poderase acceder a través da páxina marcotopo.com usando a clave MTLUGO, iniciarase un percorrido virtual por 12 enclaves de Lugo: o parque Rosalía de Castro, a muralla, a Praza de Pío XXI, a catedral, pórtaa de Santiago, Porta do Carme, a sala de exposiones Porta Miñá, o Camiño Primitivo, a zona verde do Pazo de Feiras, o río Miño, a ponte romana e as termas. Marco Topo, caracterizado de romano, dará información sobre a historia da cidade e, de forma paralela, os nenos poderán usar o mapa de papel sobre o que irán estampando adhesivos, denominadas flopis, unha vez vaian respondendo a preguntas que formula a mascota desde a aplicación.

Tras completar todo o percorrido, os participantes poderán gañar a partida ao Doutor Topo Tolo, un malvado científico, e recibirán un diploma.

PARA SEMANA SANTA. "Levamos preparando este proxecto con ilusión dende xaneiro, concretamente dende Fitur, onde ou descubrimos, para poñelo en marcha coincidindo coa Semana Santa", dixo Lara Méndez, para engadir que "serve para coñecer Lugo e a zona Edusi dunha forma distinta, a través dun produto turístico familiar que se alonxa das habituais formas de visitar e coñecer unha cidade e un proxecto europeo", comentou.

A alcaldesa asegurou que con esta nova experiencia didáctica e interactiva o Concello trata de espertar o interese dos máis pequenos por coñecer "e descubir tanto a nosa cidade como a nosa estratexia Dusi e, ao mesmo tempo, facer posible que as familias gocen xuntas".

O material en papel e virtual estará dispoñible a partir do próximo luns en idioma galego e castelán.

Comentarios