Unha xestora asumirá a dirección de Lugonovo durante os próximos meses

A actual coordinadora presentou a súa dimisión en bloque

Xosé Chorén. SEBAS SENANDE
photo_camera Xosé Chorén. SEBAS SENANDE

Unha xestora asumirá a dirección de Lugonovo, a marca de En Marea na capital lucense, despois de que a actual coordinadora presentase a súa "dimisión en bloque" tras os "malos resultados" cultivados nas eleccións municipais, dado que a formación quedou sen representación na corporación municipal despois dun mandato no que estivo presente con tres edís.

En calquera caso, a pesar desa dimisión en bloque, todos os integrantes da coordinadora expresaron a súa "disposición" a seguir colaborando con Lugonovo "en toda canta actividade desenvolva" o partido a partir deste momento.

O novo órgano de dirección de Lugonovo estará composto por Paula González, Uxío Outeiro e Xosé Manuel Saa, apoiados por Camino Casabella e Mina Galván, todas elas persoas que formaron parte da candidatura coa que a formación concorreu aos comicios locais.

A plataforma aproveitará os meses de verán, segundo informou a xestora á prensa, pera buscar unha nova sede. De feito, engade a nota, foi refrendada de forma unánime a vontade de manter vivo a curto prazo o proxecto político e veciñal de Lugonovo; deixando claro, ademais, o seu posicionamento como plataforma interlocutora con En Marea e a súa intención de manter "presenza tanto nos medios de comunicación como nas redes sociais".

Entre as funcións da xestora figuran igualmente as deliberacións que sexan necesarias para garantir o funcionamento do partido no futuro.

Lugonovo quedou fóra da corporación local nas últimas eleccións municipais, nas que o PP obtivo dez deputados, o PSOE 8, o BNG 5 e Ciudadanos 2.

Comentarios