sábado. 07.12.2019 |
El tiempo
sábado. 07.12.2019
El tiempo

Xa é Nadal na Praza de Abastos

O acto de aceso do Nadal na Praza de Abastos contou coa actuación dun coro infantil. XESÚS PONTE
O acto de aceso do Nadal na Praza de Abastos contou coa actuación dun coro infantil. XESÚS PONTE
No acto de acendido da iluminación do Nadal actuou o coro infantil da Asociación da Banda Filharmónica de Lugo

A Praza de abastos de Lugo estreou este venres a súa iluminación do Nadal. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, participou no acto de acendido e explicou que o obxectivo é "dinamizar o centro da cidade e aumentar as visitas ao mercado municipal". A edil nacionalista agradeceu aos praceiros "a súa implicación e colaboración en todos os actos que dende a concellería se realizan nesta praza".

O acto contou coa actuación musical do coro infantil da Asociación da Banda Filharmónica de Lugo. "Dende a área de participación queremos animar a toda a veciñanza de Lugo a que realice as súas compras nos comercios locais e de proximidade, para facelos dinamizadores do centro da nosa cidade”, indicou Cristina López. 

A iluminación en Lugo acenderase o 5 de decembro e apagarase xusto logo de Reis. Chegará a 48 rúas e prazas, as máis comerciais da capital lucense. Na praza Maior haberá unha bóla cun rótulo na parte superior, unha figura fronte ao consistorio e arcos en varios puntos deste espazo. As zonas do Camiño Primitivo terán luces con motivos xacobeos. 

Xa é Nadal na Praza de Abastos
Comentarios