"Unha voda pode acabar sendo un Carnaval se non tes filtro"

Deseñadora gráfica con formación noutras disciplinas, como gravado e cestería, dende 2015 Lines Astorgano está á fronte da empresa Guirnalda, de organización e decoración de eventos. No local que ten en Lugo, no Carril do Son, vende flores, imparte obradoiros e celebra mercados, pero a súa especialidade son as vodas. Leva máis de cen
Generated by  IJG JPEG Library
Lines Astorgano cun dos seus ramos de flores. EP

É a organizadora e decoradora de vodas de moda.
Non sei se son a única que está, pero si. Facemos tamén outros eventos, pero en época estival, e este ano xa dende abril, supoñen máis do 90% da nosa actividade.

Agora está de viaxe, facendo unha paréntese. Farta tanta voda? Fai falta desintoxicarse?
Desintoxicarse é obrigatorio sempre, porque ademais este traballo é supercreativo e tes que estar sempre como cunha actitude positiva. Sigo gozando das vodas, pero é certo que este ano é un pouco loucura, xa non só porque se están celebrando moitas das que se aprazaran polo covid, senón porque por primeira vez fixemos ‘doblete’ en dúas fins de semana.

No mundo nupcial xa non debe quedar rastro de covid...
Totalmente. Xa en 2021 viamos que cando te xuntas con familia e amigos nunha celebración na que hai alegría é moi díficil manter o medo. Pero este ano foi brutal, como un ‘descorche’ de botella.

É das que trata de coar os seus gustos ou segue estritamente as peticións dos noivos?
A miña obriga é asesoralos para indicarlles as posibilidades que teñen e para que haxa un fío condutor que lle dea sentido ao evento e que este sexa persoal e único. Por sorte teño unha liña de cliente bastante convencionais, pero ás veces as parellas chegan moi influenciadas polas redes sociais. O primeiro que fan é meterse en Pinterest a ver vodas. E ás veces piden cousas que non son viables ou non teñen sentido. Se non tes un filtro podes acabar facendo un Carnaval.

E adoitan atender a razóns?
Si, porque, como digo, por sorte, e dou grazas, teño unha liña de cliente convencional, que se deixa asesorar.

Nas redes sociais de Guirnalda conta que, ás veces, pola meteoroloxía ou por outras razóns, ten que cambiar toda a planificación dun día para outro. E dá a sensación de que eses desafíos incluso lle gustan.
Está de broma? É certo que me din que me crezo nas adversidades, pero fágoo porque teño que facelo. Aos noivos teslles que ir con solucións, non con problemas, pero o desgaste físico e mental é enorme.

Na súa casa sempre hai flores?
Sempre, e do meu propio xardín, onde teño flores silvestres que deixo medrar e ata coido.

Tamén lle gusta facer intervencións en espazos públicos. Adorna fachadas, fai mercados, deixa ramos de flores pola cidade... Encantaríame dedicarme só a facer intervencións artísticas, é o meu soño, pero a flor hai que pagala e hai que ter ingresos.

E como ve a cidade unha deseñadora e decoradora? Que lle falta ou que lle sobra?
Supoño que lle falta máis cariño, tratala con máis coidado, e máis natureza polo medio.

Comentarios