jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

Lugo acolle o primeiro acto de Villares tras o seu adeus á política

Villares, Cambrón e Guitián, na mesa redonda deste mércores en Lugo. VICTORIA RODRÍGUEZ
Villares, Cambrón e Guitián, na mesa redonda deste mércores en Lugo. VICTORIA RODRÍGUEZ

O portavoz de En Marea, Luís Villares, participou na tarde deste mércores en Lugo nunha mesa redonda sobre a despenalización da eutanasia e o suicidio asistido. Foi o seu primeiro acto tras anunciar, só unhas horas antes, o seu adeus á política.

Na mesa redonda, organizada por Lugonovo no centro Uxío Novoneyra, participaron tamén a presidenta da asociación Dereito a Morrer Dignamente, Ascensión Cambrón, e Delia Guitián, coordinadora da Unidade de Saúde Mental de Lugo.

Villares anunciou na mañá deste mércores que non se presentará ás eleccións primarias do seu partido para elixir candidato á presidencia da Xunta e que, xa que logo, dá un paso atrás na primeira liña política. Regresará, tras catro anos, ao seu posto como maxistrado no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Lugo acolle o primeiro acto de Villares tras o seu adeus á política
Comentarios