Os veterinarios de Lugo convocan un concurso de Nadal de fotos de mascotas

Mantense aberto tamén o concurso de debuxo e pintura, dirixido a nenos de ata doce anos.
Un perro con un gorro de Papa Noel. PIXABAY
photo_camera Un perro con un gorro de Papa Noel. PIXABAY

O Colexio de Veterinarios convoca o primeiro concurso do Nadal de fotografías de mascotas

O certame recoñecerá cunha tablet e auriculares inalámbricos as mellores propostas de adultos e adolescentes, cun fallo que se dará a coñecer o día 23 de decembro e para o que se solicitan candidaturas ata o día 21.

Para concursar débense enviar as imaxes e os datos do participante á dirección [email protected]. Admitirase un máximo de dúas fotografías por concursante.

Mantense aberto tamén o concurso de debuxo e pintura, dirixido a nenos de ata doce anos.

Comentarios