Veterinarios encargados do saneamento gandeiro demandan "condicións dignas" de traballo

Esta concentración, convocada pola CIG, está motivada polo falecemento, o pasado 29 de maio, de Jesús Deiros
Concentración de veterinarios. SEBAS SENANDE
photo_camera Concentración de veterinarios. SEBAS SENANDE

Persoal veterinario encargado do saneamento gandeiro manifestouse onte diante do edificio Multiusos da Xunta en Lugo para demandar "condicións dignas" para poder desenvolver o seu traballo.

Esta concentración, convocada pola CIG, está motivada pola o falecemento, o pasado 29 de maio, de Jesús Deiros, un traballador da empresa Tragsatec que foi golpeado por unha vaca cando prestaba os seus servizos nunha explotación de As Nogais.

Desde a CIG consideran que o accidente foi consecuencia da falta de medios apropiados para que o persoal poida realizar este tipo de funcións, polo que esixen que se adopten medidas para garantir a súa seguridade.

Comentarios