Vendedores de Loterías concéntranse en Lugo para reclamar unha suba de comisións

Alegan que o incremento de gastos está a ter unha repercusión moi negativa na súa conta de explotación
Administración de loterías. ARCHIVO
photo_camera Administración de loterías. ARCHIVO

Vendedores de Loterías de Lugo, tanto aqueles que se dedican a esa actividade de forma exclusiva como aqueloutros que a compatibilizan con outros negocios, concentráronse este mércores ao mediodía, durante media hora, ante a Delegación de Facenda para reclamar unha subida das comisións que volva a facer rendibles os seus negocios.

Baixo a lema Integrais e mixtos xuntos. Subida de comisións!!!, concentráronse entre as 12.00 e as 12.30 horas ante a Delegación de Facenda, que está situada en pleno centro de Lugo, no número 2 da Rúa da Raíña. Con pancartas e consignas como É o noso momento. Non podemos esperar máis ou Loita polo teu futuro, fixeron ouvir as súas reivindicacións, basicamente un incremento das comisións que perciben pola venda de Loterías para cubrir o incremento de gastos nos seus negocios.

Fernando Toubes, que preside a asociación que agrupa aos vendedores de Loterías en Lugo, recordou que "moitos compañeiros teñen tamén negocios de hostalería", de modo que a subida "no prezo da luz" está a ter unha repercusión moi negativa na súa conta de explotación. Nalgúns casos, recordou, "estamos a falar dun incremento que oscila entre o 30 e o 35%", de modo que "facturas de cincocentos euros pasaron en poucos meses a ser de setecentos euros".

"Iso sen falar", dixo, doutros "moitos gastos que pode haber" nos establecementos que se dedican total ou parcialmente á venda de Loterías, que si se actualizaron", a diferenza das comisións que perciben os vendedores. 

Comentarios