Vendedores de Frigsa piden que se lles deixe facer negocio pagando a taxa da Praza

A portavoz dos comerciantes pregúntase se a razón de que se lles esixa darse de autónomos é "porque os outros son payos e nós, xitanos"
Mercadillo de Frigsa. AEP
photo_camera Mercadillo de Frigsa. AEP

Vendedores sen permiso do mercadillo da Frigsa<> piden que o Concello lles deixe comercializar a súa mercancía pagando só unha taxa similar á que pagan os que participan no mercado tradicional da praza de abastos.

Natalia Costoya, portavoz deses comerciantes, moitos de etnia xitana, pregúntase se a razón pola cal unha persoa pode vender produtos de alimentación só con permiso do Concello e a eles esíxeselles darse de alta en autónomos é "porque os outros son payos e nós, xitanos".

Sinala que mercancía como os ovos, a carne ou as verduras que moitos venden no mercado de proximidade dos martes e venres esixe unha manipulación máis delicada que a que eles levan a Frigsa, que consiste en roupa, cadros, adornos do Nadal ou libros, a pesar do cal se lles esixe que paguen unha cota, ao seu xuízo, demasiado elevada para as ganancias que conseguen.

"Non é que queiramos que nos deixen instalarnos gratis. Vexo normal que teñamos que pagar por un permiso pero non a cota de autónomos, que é demasiado diñeiro", explica Costoya, que di que está disposta a chegar a facer folga de fame para facerse ouvir.

Comentarios