O vello Xeral xa é historia

Finalizada a demolición, agora quedan a retirada do cascallo, que se prolongará durante un mes
El derribo del viejo Xeral
photo_camera A derriba do vello Xeral. EP

 O vello Xeral, derrubado. EP (1)O vello hospital Xeral é historia. Este venres finaliza a demolición do centro sanitario que pechou as súas portas ao público hai oito anos e medio.

A partir de agora procederase a retirar o cascallo metálico e pétreo que se acumulou coa derriba; eliminar as zapatas e muros de cimentación e valar por seguridade o cráter que quede. Eses labores durarán aproximadamente un mes.

Está previsto que nesta parcela a Fundación Amancio Ortega constrúa e equipe unha residencia persoas maiores con 120 prazas, que despois xestionará a Xunta.

A demolición do vello Xeral prolongouse durante varias semanas. A CONTINUACIóN deixámosche algúns vídeos de distintas fases deste complexo proceso:

25 de xuño

12 de agosto

10 de setembro

 

Comentarios