Un vehículo choca con outros dous estacionados na Rúa Montero Ríos

Un motorista e o seu acompañante resultaron feridos nun accidente nas Gándaras
Colisión en Montero Ríos. EP
photo_camera Colisión en Montero Ríos. EP

Un vehículo chocou este venres contra dous automóbiles estacionados na Rúa Montero Ríos ás 0.30 horas. O condutor arroxou un resultado positivo de 0,37 milagramos/litro na proba de detección alcohólica á que foi sometido pola Policía Local, que lle abriu un expediente con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso.

AS GÁNDARAS. Horas antes, a colisión dun turismo e unha motocicleta, na confluencia da rúa Ferradura coa calzada das Gándaras, saldouse, o pasado xoves, con dous feridos, o condutor da moto e o seu acompañante, menor de idade, que foron evacuados ao Hula, segundo informa a Policía Local nunha nota de prensa. Descoñécense as causas que deron lugar a este sinistro.

CATRO CHOQUES. Por outra banda, catro choques no Ceao, A Piringalla, a N-VI e a rúa Santiago saldáronse, o pasado xoves, só con danos materiais. Un dos accidentes ocorreu na Rúa dás Comunicacións, no Ceao, cando un dos dous vehículos invadiu o carril contrario. O segundo foi no túnel situado baixo a N-VI. O terceiro ocorreu na praza Viana do Castelo, na Piringalla, e o último tivo lugar no cruzamento da Ronda da Muralla coa rúa Santiago. Sempre foron dous os coches implicados.