Vegalsa-Eroski elaborará desde xaneiro a súa marca propia con leite galego

A compañía de distribución reitera o seu compromiso co sector e aposta pola comercialización do produto 100% de Galicia

A compañía de distribución galega Vegalsa-Eroski reiterou o seu compromiso coa sustentabilidade do sector lácteo galego cunha aposta pola comercialización de leite galego 100%.

Así, Vegalsa-Eroski elaborará tamén desde xaneiro a súa marca propia Eroski con leite de orixe galega e desenvolverá tamén de forma inmediata a fabricación de queixos e outros derivados a partir de leite galego 100%, anunciou este xoves a compañía nun comunicado.

Vegalsa-Eroski xa dera un paso á fronte en defensa do lácteo galego coa comercialización de leite Campobueno Galega 100%, que xa está dispoñible nos seus supermercados Eroski Center, Eroski City, Familia, e os establecementos almacenistas Cash Record e Hipermercados Eroski de Galicia.

Nesta liña de apoio ao sector, a compañía de distribución galega xa implantou o incrementado en dous céntimos a retribución deste leite, un diferencial que debe ser trasladado polo provedor aos gandeiros.

Comentarios