Veciños da Rúa do Nubeiro denuncian a presenza de ratas na rúa

Advirten do consecuente risco sanitario que pode supor a súa presenza
Una rata. EP
photo_camera Unha rata. EP

Veciños da Rúa do Nubeiro, que enlaza a rúa Rei Don García coa dos Agros, no barrio de Sanxillao, denuncian a aparición de ratas nesta vía pública e advirten do consecuente risco sanitario que pode supor a súa presenza.

Estes veciños solicitan que o Concello de Lugo, que programa campañas de desarratización, adopte as medidas necesarias para solucionar a situación nesta zona.

Comentarios