Os veciños da Rúa Castelao mostraron as súas críticas pola acumulación de papel no exterior dos colectores de reciclaxe, algo que atribúen a que os recipientes se enchen e hai quen opta por deixar na rúa os residuos.
Por iso, esixen ao Concello que intensifique a retirada do papel destes colectores.